Nace a Asociación Cultural e Xuvenil Retranca


 fundada para dinamizar os mozosdo municipio

Presentacion Da Asociacion


Un grupo de mozos, con idades comprendidas entre 17 e 20 anos, tomou a iniciativa de organizar e crear Asociacion Xuvenil Retranca, que abriu as suas portas onte coa intención de reunir e promover a moitas das preocupacións da  poboación xuvenil como deporte e cultura  en cuestión.

Javier Oubiña é o presidente deste  novo grupo que ten o obxectivo de "crear un ambiente saudable” e as preocupacións principais serán buscar e dinamizar actuacions cultuturais, deportivas…. Nos que se impliquen mozos do municipio e arredores.
Os seus compañeiros de xunta directiva tamen inician a andadura coas mochilas cargadas de ilusión e con unha serie de  departamentos nos que traballar ao largo do ano, e se poidan dividir en cinco grandes bloques: dep. de cultura e medio ambiente ,dep. Informatico e medios de comunicación, dep.de voluntariado, dep. de música e tradicions, , dep. de ocio e deporte.

A Asociacion Xuvenil Retranca está presidida por Javier Oubiña e  acompañalle na xunta directiva Ivan Dominguez Estonllo como vicepresidente, Beni Charlin como secretario, Juan Manuel Fernandez Paz como tesoureiro e en calidade de vocales Gemma Cores Pérez, Carlos Durán Sánchez, Cristina Durán Sánchez y Mariela Cores Pérez.

A primeira actividade que levaran a cabo será a organización de un campeonato de futbol sete de categoría benxamin que se chamara “Ramon Cabanillas”.
Tamen teñen previsto organizar campeonatos de billar e futbolín , que iran perfilándose co paso das semanas.
Outra das prpostas e recuperar a Festa da Xuventude en fechas ainda por determinar, pero no Veran. Asimismo realizaran intercambios culturais con outras asociacions similares de Francia e Andorra.

Javier Oubiña quixo felicitar o Concello de Cambados pola organización do Entroido deste ano o cal ofreceu a Asociacion Xuvenil Retranca a colaborar na próxima edición.





















  ( Diario de Arousa 28/02/10).